Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Internet Explorer felicita á Fundación Mozilla polo lanzamento de Firefox 3.0
Internet Explorer felicita á Fundación Mozilla polo lanzamento de Firefox 3.0 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 26 de Xuño do 2008
O equipo de desenvolvemento de Internet Explorer felicitou recentemente ao equipo de Mozilla polo lanzamento do novo Firefox 3 e para iso, non dubidaron en enviarlles un pastel de parabéns:
http://www.mancomun.org/images/firefox3/firefox_congratulations_from_ie.jpg

 ao igual que xa fixeron no seu día coa saída do Firefox 2, pastel do cal gardan aínda un anaco.

 
Al Billings, traballador en Mozilla desde hai un ano, traballara con anterioridade como xefe de proxecto no equipo de IE e foi o que recibiu o agasallo dun anterior compañeiro de Microsoft.
 
As relacións entre os dous equipos de desenvolvemento nunca foran tan cordiais: no ano 1997 cando saiu Internet Explorer 4.0, Microsoft puxo un logotipo inmenso de IE en fronte da sede de Netscape. Os empregados de Netscape responderon pintándo no logo de IE o slogan de Netscape "Netscape Now!". Ademais puxeron unha mascota inmensa de Mozilla (duns 2 metros de alto) enrriba do logotipo e un cartel onde se podía ler: "Netscape 72, Microsoft 18" en alusión á cota de mercado dos dous navegadores naqueles tempos...

Fonte:
http://www.mozillazine.org/talkback.html?article=24004

 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement