| Interface gráfico para o Gromacs |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 25 de Outubro do 2006 | |
|
Gromacs GUI é unha interface gráfica para o programa de simulación de dinámica molecular Gromacs. A interface permite a edición visual dos ficheiros MDP, gardar os comandos que máis uses e logo executalos de forma visual. Está escrita en Python usando PyQT, por iso para poder usala debes ter instalado no teu sistema Qt e PyQT (versión maior que a 3.0)... O desenvolvedor da interface espera ter dispoñibles en futuras versións opcións tan interesantes como a visualización de datos e de traxectorias. Tamén advirte que esta versión é unha beta non exenta de fallos e que espera que a comunidade lle axude a encontralos así como a mellorar a interface.
Páxina do autor da interface: http://resal.atspace.com/ Páxina de descarga da interface: http://www.kde-apps.org/ Artigos relacionados |
















