Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Inkscape: proxecto do mes de agosto en SourceForge.net PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 24 de Agosto do 2007

http://www.mancomun.org/images/stories/80px-inkscape.logo.svg.pngInkscape foi nomeado como o proxecto máis destacable no mes de agosto en SourceForge.net. Os proxectos gañadores en anteriores ocasións pódense consultar na seguinte ligazón: http://sourceforge.net/potm/.

Inkscape é un editor de gráficos vectoriais escalables (SVG) multiplataforma e con licenza libre que pode substituír a distintos programas propietarios como o Adobe Illustrator ou o Macromedia Freehand. O obxectivo principal de Inkscape é respectar os estándares da especificación SVG ademais de tentar ser o mellor editor SVG. Tamén están moi centrados en deseñar unha interface intuitiva para os novos usuarios pero igualmente potente para os deseñadores e artistas profesionais.

As orixes do Inkscape remóntanse a un software chamado Sodipodi. O punto de partida foi o código de Sodipodi, mais a interface de usuario foi redeseñada e a linguaxe de programación cambiouse de C a C++...

 

A última versión de Inkscape é a 0.45.1 e atópase traducida ao galego entre outros moitos idiomas.

Captura de pantalla de Inkscape: 

http://www.mancomun.org/images/stories/inkscape_screenshot.jpg

 

Ligazón á páxina de Inkscape en SourceForge.net:
http://sourceforge.net/projects/inkscape





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...