Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Iniciativa para conseguir que o 10% dos computadores no 2010 usen Gnome: 10x10

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Iniciativa para conseguir que o 10% dos computadores no 2010 usen Gnome: 10x10 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 08 de Febreiro do 2008

En live.gnome.org vemos a iniciativa para conseguir que o contorno de escritorio Gnome sexa usado no 10% dos computadores no 2010, iniciativa denominada 10x10 .

A iniciativa basease en datos de diferentes estudos:

  •  En  marzo de 2005 un estudo dicía que o número de computadores existentes eran uns 820 millóns e crecerían ata chegar ao billón no 2007. Segundo esa progresión no 2010 o número de computadores sería de 1219 millóns.
  • Segundo outro estudo tamén do 2005, o uso de Linux naquel momento era dun 2,6% do total dos computadores.
Con estas premisas, tomaron dous escenarios...

 

  • Escenario A: Usando estes datos, e que o uso de Gnome nos escritorios de Linux rondaba o 30%, calculaban que o uso naquel momento de Gnome era dun total de 6.396.000 computadores que supoñían un total do 0,78% a nivel mundial.
  • Escenario B: Cos mesmos datos e que o uso de Gnome estaba subestimado e rondaba o 50%, o uso sería dun 1,3%, que equivalería a un total de 10.660.000 computadores.
Así propuxéronse conseguir que o ritmo de crecemento medio anual de Gnome fose dun 50% e supuxeron o escenario B para que no 2010 o uso de Gnome fose dun 10%.
 
Táboa de previsión de evolución:
 Escritorios Gnome para conseguir o obxectivo 10x10
 Ano PC (millóns)
 Uso de Gnome (millóns)
Novos usuarios (millóns)
 2004 820 10,66 
 2005 876 15,99 5,33
 2006 936 23,99 8,00
 2007 1000 35,98 12,00
 2008 1068 53,97 17,99
 2009 1141 80,95 26,98
 2010 1219 121,42 40,47
 
 
Máis información:




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...