| IDE para desenvolvemento flash |
|
|
|
|
Ainda co nome pode dar lugar a confusión non se trata dunha ferramenta para facer animacións javascript senón dunha interface, que empregando Ajax, permite ter un contorno de edición de flash. Facendo uso dunha interface web é posible crear animacións swf sen ter instalar ningún outro requerimento agás un navegador. Polo momento só traballa en navegadores gecko ainda que se está a traballar para que funcione en MS internet explorer. Conta con funcionalidades limitadas pero en constante desenvolvemento e o obxectivo do proxecto é proporcionar unha alternativa ao contorno de Adobe accesible por todo o mundo dende calquera plataforma. ![]() Ajax animator está dispoñible dende google code. Existe unha versión en liña para probar as funcionalidades da ferramenta sen necesidade de ter que instalar a aplicación. Artigos relacionados
|

















