| IBM optimiza o uso da información coas súas novas solucións |
|
|
|
| escrito por Irene Touriño o Martes, 09 de Setembro do 2008 | |
|
Este conxunto de ferramentas estratéxicas está baseado en estándares abertos e foi deseñado para un total de 18 sectores empresariais IBM anunciou novas ferramentas e servizos de software baseados en estándares abertos que axudarán aos clientes a utilizar a informaciónempresarial como activo estratéxico nos seus negocios. Trátase dunha oferta completa para xestionar a información empresarial, que funciona especificamente para 18 sectores económicos clave.
As compañías sempre tiveron dificultades para extraer conclusións de valor da súa información, xa que esta tradicionalmente estivo estreitamente asociada ás aplicacións para as que se crearon. Por iso IBM presentou ferramentas de software aberto, modelos de datos, deseños e servizos de consultoría sectoriais que permiten establecer unha estratexia corporativa para usar a información máis eficazmente, de tal forma que permita incrementar o rendemento do negocio. Os seus principais compoñentes son:
Os 18 sectores que IBM cobre con estas novas ofertas son: aeroespacial e defensa, automoción, banca, química e petróleo, produtos de consumo, electrónica, enerxía e utilidades, goberno federal, pagos de asistencia sanitaria, provedores de asistencia sanitaria, produtos industriais, seguros, medios e entretemento, farmacia, distribución, goberno local e estatal, telecomunicacións e viaxes e transporte. Fonte: IBM Artigos relacionados
|
















