Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow IBM, Canonical/Ubuntu, Novell e Red Hat alíanse para distribuir computadores con Linux
IBM, Canonical/Ubuntu, Novell e Red Hat alíanse para distribuir computadores con Linux PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mancomún o Mércores, 06 de Agosto do 2008
Canonical (Ubuntu), Novell (SuSe) e Red Hat (RHEL, Fedora) veñen de asinar un acordo coa empresa de Hardware IBM segundo o cal se comprometen a traballar conxuntamente co propósito de posicionar no mercado computadores libres de produtos Microsoft.

As catro grandes empresas en tecnoloxías libre respaldan esta unión baseándose na crecente demanda de alternativas económicas ás custosas computadoras con produtos por defecto de Microsoft como Windows e Office, e que requiren prestacións (en Hardware) superiores ás necesarias para as distintas distribucións de Linux.

A ganancia de IBM pasará tanto pola imaxe que logrará no mercado do consumidor, como pola inserción dos seus produtos Lotus Notes e Lotus Symphony, nun intento de danar un dos frontes máis potentes da empresa de Redmon, o de Office.

Kevin Cavanaugh, o vicepresidente de IBM Lotus Software, sinalou que agora existe unha grande oportunidade con Linux dada “a baixa adopción de Windows Vista por parte da empresa, o interese de reducir orzamentos e o éxito probado en distintas rexións con respecto a computadores sen produtos de Microsoft”.

Fonte: IBM





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement