Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Guía sobre ferramentas Open Source para a PEME
Guía sobre ferramentas Open Source para a PEME PDF Imprimir Correo-e
o Venres, 04 de Xaneiro do 2008

Roberto Galoppini, un dos grandes expertos en Software Libre e da súa aplicación aos negocios na veciña Italia, preséntanos unha Guía, dividida en dous tomos que podemos considerar como fundamentais.

A guía (desenvolvida no contexto dos proxectos FLOSSMETRICS e OpenTTT) presenta unha serie de directrices e suxestións para a adopción do Software Libre dentro das PEME, empregando un modelo que guiará as empresas desde a selección inicial e a adopción de FLOSS dentro da infraestrutura TIC ata a creación de modelos de negocio baseados en software de código aberto.

Divídese en dous documentos, nun deles explícase o modelo de Software Libre e como pode ser seleccionado, valorado e utilizado polas pequenas e medianas empresas (aínda que, de feito, pode aplicar a calquera organización, incluíndo as públicas). O segundo é unha recompilación realmente impresionante, incluíndo descrición das principais solucións Open Source en áreas tan diversas como: software de xestión de redes, sistemas de xestión da seguridade, ERP e CRM, groupware, xestión documental, sistemas de xestión de contidos (CMS), VoIP, CAD/SIG, aplicacións de escritorio, loxística e facturación, comercio electrónico e tele-ensino.

A guía distribúese baixo licenza Creative Commons e o autor é Carlo Daffara. Pódense descargar os documentos dende o apartado de “Informes doutros estudos” dende os Informes do Observatorio Galego de Software Libre.

Fonte: TodoBI




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement