Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Google libera software de recoñecemento de caracteres (OCR).
Google libera software de recoñecemento de caracteres (OCR). PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 31 de Agosto do 2006

Google vén de liberar unha aplicación de Recoñecemento Óptico de Caracteres (OCR). Esta aplicación fora desenvolvida por HP entre 1985 e 1995 e foi retomada hai un tempo por Google que a actualizou e corrixiu algúns erros. A aplicación chámase Tesseract OCR e está dispoñible en SourceForge. ...

En canto ás súas características, no anuncio de Google din que, polo momento, só soporta o idioma inglés e aínda non inclúe análisis do esquema da páxina, polo que non funciona demasiado ben con páxinas multicolumna. Tampouco reacciona ben con documentos en escala de grises ou en cor. Afirman que non é tan preciso como os mellores OCR comerciais, pero que dos OCR libres é o máis preciso.

Dende Google agradecen á xente de HP e aos desenvolvedores do Tesseract o ter feito posible a liberación deste software. 

No propio anuncio tamén din que buscan enxeñeiros especialistas en software OCR

Fonte: Google Code Blog





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement