Menu Content/Inhalt
» Inicio
Freeway, plataforma de comercio electrónico alternativa a osCommerce PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 31 de Marzo do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/freeway-logo.pngFreeway é unha plataforma avanzada de comercio electrónico en código aberto. Freeway está orientado a venda de produtos pero igualmente é posible vender eventos, servizos ou subscricións.

Por exemplo, é posible vender apuntes ou libros electrónicos baseados en tempo, subscricións a un determinado servizo, xestionar eventos,...

 

Algunhas das características son:

  • TPV (Punto de Venda)
  • Xestión de Clientes
  • ...
  • Cupóns de descontos
  • Xestión de asociados
  • Xestión de eventos
  • Sistema de ticketing
  • Xestión de reservas de libros
  • Xestión de reservas e listas de espera (eventos)
  • Enquisas
  • Informes de vendas, enquisas, tickets, ...
  • Mercadotecnia por email ou SMS
  • Xestión de contidos (CMS)
  • ... máis características

 
Conta cun instalador que facilita o proceso de posta en funcionamento permitindo personalizar as características do sitio sen ter amplos coñecementos informáticos. Non é preciso facer unha instalación se o único que desexamos é probar as funcionalidades deste software xa que dispoñemos dunha versión demo pendurada na web.

O proxecto conta cun repositorio de extensións no que atopamos complementos que permiten a integración con Joomla! (tanto para versións 1.5.x coma 1.0.x).

Freeway está licenzado baixo GNU/GPL versión 2 e pódese descargar dende a propia páxina do proxecto.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement