Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Freeciv, Civilization en código aberto
Freeciv, Civilization en código aberto PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 07 de Setembro do 2007
Freeciv é un videoxogo de estratexia por quendas, inspirado no xogo Civilization. É software libre, está licenciado baixo a GPL, ademais de ser gratuíto. Esta incluído en numerosas distribucións GNU/Linux, ademais está dispoñible para outros sistemas operativos como Windows e Mac, posto que está escrito na linguaxe C de programación pódese compilar sen problemas. A última versión dispoñible saiu en agosto, é a 2.1.0-Beta.
 
Comeza no ano 4000 a.C., cada xogador é o líder dunha tribo nómade que se deberá asentar e ir fundando cidades, investigando tecnoloxías, desenvolvendo infraestruturas ou marabillas, establecer relacións diplomáticas e crear exércitos.
O xogo finaliza cando:
  •   sobrevive unha única civilización ao erradicarse as demais
  •   cando se consegue enviar unha nave para colonizar un planeta exterior
  •   ou cando se supera unha certa data, na que finalmente gañará o xogador mellor puntuado, dependendo do tamaño do estado, a saúde dos cidadáns, a cultura e os avances científicos conseguidos puntúase a cada xogador.
Páxina oficial: Freeciv
Descarga: Sourceforge.net  




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement