Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Fedora 10 pode ter arranque case instantáneo

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Fedora 10 pode ter arranque case instantáneo PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mancomún o Mércores, 16 de Xullo do 2008

Un dos planos máis interesantes para o Fedora 10 pode ser o proxecto BetterStartUp. A intención do equipo de desenvolvemento é centrarse en solucións que fagan o arranque de Fedora moito máis rápido ou case instantáneo.

A introdución dese recurso vai mudar o arranque do sistema. O RHGB (Red Hat Graphical Boot) que mostraba a barra de progreso do arranque será abandonado e, segundo a intención dos desenvolvedores, inmediatamente tralo GRUB virá a entrada por GDM ou KDM, aínda que a integración dese recurso con outros xestores de entrada (login) semella máis complicada do esperado. Daquela tralo GRUB veremos unha entrada que, silenciosamente, executará todas as tarefas de arranque do sistema.

Parte desa idea vén da man doutro proxecto nomeado Plymouth. De acordo coa súa descrición, el é independente do servidor X e xa está 52% pronto.

Fonte: Asennadas





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...