Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow eZforOb permite a interoperabilidade entre Openbravo e eZ Publish
eZforOb permite a interoperabilidade entre Openbravo e eZ Publish PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 02 de Xaneiro do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/ez_for_ob.pngJordi Massaguer Pla vén de publicar un conector, EZforOb, que permite a comunicación entre eZ Publish e Openbravo ERP. A integración de Openbravo cun sistema de comercio electrónico era unha das peticións que a comunidade estaba demandando e que agora se pode facer por medio de eZ Publish.

EZforOb permite conectarse coa instancia Openbravo ERP e descarga o catálogo de produtos da mesma. Todos os catálogos descárganse nunha carpeta invisible, de modo que o administrador da tenda pode publicar estes produtos onde desexe.

Na páxina do proxecto eZforOb está o ficheiro para descargar é todos os detalles técnicos e instrucións explicando o proceso de instalación. A integración implementouse facendo uso da biblioteca de Servizos Web en Openbravo (concretamente Apache AXIS).

A empresa que levou a cabo o desenvolvemento da aplicación foi Opentrends.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xuño 2008 Xullo 2008 Agosto 2008
Lu Ma Xo Ve Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement