Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Eroski e o concello de Amorebieta empregan o ERP Openbravo
Eroski e o concello de Amorebieta empregan o ERP Openbravo PDF Imprimir Correo-e
o Luns, 14 de Abril do 2008
OpenbravoOpenBravo, unha empresa con sede en Navarra e fundada por varios vascos, estase convertendo nun fenómeno mundial no campo do Software Libre. O seu programa de xestión de empresas (ERP) considérase equiparable a moitos de pago e empeza a ser adoptado por grandes organizacións, como as vascas Eroski e Arrasate ou o Concello de Amorebieta. Recordar que Openbravo é unha das ferramentas incluídas no DVD para a Peme.

No caso da cooperativa de consumo, utilizan este software unha unidade de loxística e outra de alimentación. Trátase de feito, duns dos casos de estudo que emprega a firma navarra para dar a coñecer a solvencia da súa proposta, que aínda por riba é gratuíta e incorpora funcionalidades tan avanzadas como a xestión de produción MRP.

 

OpenBravo xestouse en Tecnun, a facultade de Donostia da Universidade de Navarra, onde traballaban dúas dos seus fundadores: Nicolás Serrano e Ismael Ciordia. Os dous, xunto con Moncho Aguinaga, crearon en 2001 Tecnicia, a empresa que agora se chama OpenBravo. A súa visión consiste en dar a calquera compañía a oportunidade de ter o seu propio ERP sen necesidade de facer un gran investimento.

A empresa recibiu en 2006 un importante investimento de capital risco do Goberno de Navarra e conta, ademais, co asesoramento de importantes expertos en negocio e mercadotecnia. A súa estratexia comercial é absolutamente internacional e está baseada en acordos con socios locais que se encargan da implantación da ferramenta naqueles clientes que teñen necesidades particulares.

Fonte: Enpresadigitala.net





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement