|
Envía as túas nominacións para os premios de Software Libre 2007 |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 21 de Agosto do 2007 |
 Durante este mes anunciouse a apertura da presentación de candidaturas ao premio de Software Libre 2007 que organizan conxuntamente a Free Software Foundation (FSF) e máis GNU Project. O prazo de presentacións está aberto até o 31 de outubro. - No asunto do correo electrónico, poñer o nome da persoa candidata para o "Premio polo avance do Software Libre" ou poñer o nome do proxecto para o "Premio para o proxecto de Beneficio Social".
- Incluír, no corpo da mensaxe, unha explicación (40 liñas ou menos) do traballo que fixo a mencionada persoa e por que pensas que é especialmente relevante para o premio que a propós...
- Indicar, tamén no corpo da mensaxe, onde atopar o material (software, manuais, publicacións, etc...) nos que se basea a túa petición.
Pódese atopar información sobre os gañadores de pasadas edicións na seguinte ligazón: http://www.fsf.org/awards. Dentro dos premios haberá varias categorías: - "Premio polo avance do Software Libre":
O premio da FSF polo avance do Software Libre será entregado por Richard Stallman á persoa que fixera máis méritos contribuíndo ao progreso e desenvolvemento do Software Libre, a través de actividades acordes co espírito do Software Libre.
O último ano, o gañador foi Theodore Ts'o pola súa contribución ao kernel de GNU/Linux, Kerberos, ONC RPC e outros traballos. Outros gañadores deste premio foron: Andrew Tridgell, Theo de Raadt, Alan Cox, Miguel de Icaza, Larry Lessig, Brian Paul, Guido van Rossum e Larry Wall.
- "Premio para o proxecto de Beneficio Social":
O premio recoñece o proxecto que beneficie máis á sociedade a través da colaboración para obter unha importante tarefa social. Os anteriores gañadores deste premio foron a Wikipedia no 2005 e o proxecto Sahana no 2006. O proxecto Sahana creouse tralo tsunami que devastou o sueste asiático no 2004 para tentar axudar nas tarefas de xestión, distribuíndo axuda e coordinando voluntarios.
No caso dos dous premios, ningún dos anteriores premiados poderá ser elixido de novo para estas edicións. Máis información na páxina da Free Software Foundation: http://www.fsf.org/news/2007FSAwardsCall
Artigos relacionados
|