Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow EGANET premia á empresa Sixtema na categoría de SwL
EGANET premia á empresa Sixtema na categoría de SwL PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 27 de Maio do 2008
SixtemaOs Premios Eganet 2008, encamiñados a recoñecer o valor de todo tipo de iniciativas de normalización tecnolóxica en Galiza, valoraron a labor realizada no eido do código aberto pola empresa Sixtema, Solucións e Proxectos de Información, con sede en Santiago de Compostela.

Para a concesión deste recoñecemento tívose en consideración o desenvolvemento do Catálogo SIX, o cal pode verse na web na súa aplicación para o Catálogo do Sistema de Información Xeográfica do Concello de Corcubión.

Este software está orientado á xestión de información sobre un espazo físico concreto, achegando cartografía e os seus datos vinculados en portais web ou en soportes dixitais como Cds ou DVDs.

Os catálogos creados por Sixtema soportan gran cantidade de formatos de información cartográfica, poden amosar información alfanumérica obtida directamente das bases de datos, o que posibilita ter sempre actualizados os datos en tempo real, e cumpren coas especificacións do Open Geospatial Consortium (OGC).
 
Fonte:  Eganet




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement