| Edición de PDF en OpenOffice.org |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 11 de Xuño do 2008 | |||||||||||||||||||||||||||||||
|
Sun acaba de publicar a primeira versión Beta da extensión para OpenOffice.org 3 que permite a edición de ficheiros PDF dentro dos programas da suite Draw e Impress. Desta maneira presérvase a maquetación dos PDF que se importan permitindo unha edición polo de agora básica dos textos (aínda non importa os formatos de PDF para formularios). A extension tamén permitirá habilitar a exportación a formatos PDF híbridos, que ven sendo un formato PDF pero coa fonte orixinal do documento incluída como ODF. Esta versión é unha primeira beta que require o OpenOffice.org 3.0 beta 2 para que funcione. A extensión pode descargarse desde a páxina de extensións do OpenOffice.org: ![]() Premendo en "Ler máis" podedes ver unhas capturas de pantalla en funcionamento desta extensión... Xestor de extensións de OpenOffice.org 3 OpenOffice.org 3 editando o boletín de novas en PDF de Mancomún
Artigos relacionados
|
|||||||||||||||||||||||||||||||
























