Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Edición 2007 do Summer of Code de Google
Edición 2007 do Summer of Code de Google PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 20 de Marzo do 2007

Google ven de anunciar a edición 2007 da súa iniciativa Summer of Code. Esta iniciativa quere incentivar a participación dos estudantes en proxectos de Software Libre ofrecéndolles bolsas por contribuír a un proxecto de software durante os meses de verán.

Dende a páxina oficial do Google Summer of Code pódese elixir calquera proxecto que poida resultar interesante, por exemplo: Ubuntu, Debian, KDE, GNOME, Python, Moodle, PHP, ...

A bolsa consiste en 4500$ (USD) que é unha boa remuneración ademais da experiencia adquirida.

Google selecciona todos os anos un conxunto de proxectos de software cunha lista de tarefas específicas para que os estudantes que opten a unha bolsa elixan unha destas tarefas. Cada tarefa é dirixida por un mentor, que fará de titor do bolseiro sobre o procedemento a seguir para que o seu código vaia para adiante e poida ser integrado no proxecto.

A data límite para inscribirse é o sábado 24 de marzo.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement