Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow O Software Libre achégase ás persoas con diversidade funcional
O Software Libre achégase ás persoas con diversidade funcional PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 26 de Marzo do 2008

EquipateA Fundación Cibervoluntarios (cibervoluntarios.org) e mais a Fundación Bip Bip (www.fundacionbip-bip.org) achegaranlles as tecnoloxías ós discapacitados a través da iniciativa Equíp@te, que cede equipos informáticos, e á que pode acceder calquera persoa con discapacidade física superior ó 45% e mobilidade reducida. O prazo de presentación de solicitudes para optar á convocatoria finalizará o próximo 15 de abril.

O programa comeza coa captación dos excedentes de equipos informáticos que xeran as empresas. A estes equipos, Pentium III ou superiores, realízaselles unha exhaustiva revisión de hardware e software legal doado por Microsoft (programa Refurbishing), Sun Microsystems (programa Ofimática Solidaria) ou Software Libre segundo a solicitude das propias persoas beneficiarias, para que queden listos para navegar por internet. Estes equipos serán cedidos de balde ás persoas con discapacidade física e mobilidade.

 

Segundo explicaron estas entidades nun comunicado, Equíp@te é unha convocatoria de cesión de equipos informáticos da Fundación Bip Bip co apoio da Dirección Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que ten como finalidade potenciar as novas tecnoloxías dentro do colectivo das persoas con discapacidade dentro do seu domicilio.

Fonte: Elcorreogallego  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement