| Curso virtual de tratamento de imaxes con GIMP |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 19 de Maio do 2008 | |
|
O Instituto de Máquina Herramienta-IMH de Guipúzcoa vén de poñer a disposición de todos os internautas un curso básico de uso da ferramenta de software libre para o tratamento de imaxes, GIMP. Este curso está publicado baixo a licenza Creative Commons ShareAlike. O curso aborda, a través dunha exposición clara e accesible para calquera usuario, todas as funcionalidades da aplicación orientadas a un uso básico da mesma.
O Instituto de Máquina Herramienta-IMH é un centro de formación e innovación tecnolóxica ubicado en Guipúzcoa e orientado á prestación de servizos á industria e á comunidade en xeral, a través da formación técnica e da difusión tecnolóxica. Dende o 1 de marzo está tamén dispoñible no repositorio oficial de GIMP (na páxina de tradución de GNOME) a tradución ao galego da nova versión dentro da rama 2.4 de Gimp. Esta tradución foi realizada no Entrans de Mancomun.org grazas á coordinación oficial de Trasno. Artigos relacionados
|








O curso está dispoñible na rede nesta 












