| Curso intensivo i-MATH de SwL orientado a ciencias e enxeñería |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 02 de Xuño do 2008 | |
Co propósito de amosar a gran capacidade actual do Software Libre para resolver problemas estándar no eido das ciencias e da enxeñaría, o Nodo CESGA organiza o Curso Intensivo i-Math de Software Libre. Este curso, orientado a investigadores, técnicos de empresas e alumnos de grao e Máster, centrarase na análise de paquetes de software moi testados e de gran difusión no contexto académico e que van dende software matemático básico até software máis avanzado con orientación cara a Matemática Discreta, a Estatística, o Deseño Asistido por Ordenador ou a Simulación Numérica de diversos procesos físicos que poidan chegar a acoplarse entre eles. O curso desenvolverase entre os meses de xullo e setembro nas distintas localidades dos organismos implicados no proxecto. A docencia de cada materia será presencial e levarase a cabo nunha semana, cunha duración de 30 horas lectivas, das cales 20 horas son teórico-prácticas e 10 horas se dedicarán á elaboración dun traballo. A inscrición pode facerse a través da páxina web do Nodo CESGA e os prezos oscilan entre a gratuidade para os membros das institucións organizadoras ata os 250 euros para outros participantes. A este respecto, concederanse até tres axudas en cada unha das edición co propósito de costear gastos de viaxe e aloxamento. O curso componse das seis materias seguintes:
Máis información na páxina do Nodo CESGA. Artigos relacionados |







Co propósito de amosar a gran capacidade actual do Software Libre para resolver problemas estándar no eido das ciencias e da enxeñaría, o 








