| Curso de contabilidade con FacturaLux en Ourense |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 28 de Maio do 2008 | |
|
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Ourense e Mancomún, levará a cabo un curso de Contabilidade no mes de xuño coa ferramente libre FacturaLux, agora avanzado e denominado AbanQ. Desde o día 2 até o 23 de xuño desenvolverase en Ourense o curso de Contabilidade, destinado especialmente ao colectivo de comerciantes, no que se empregará o software libre FacturaLux, que hoxe en día é substituído polo AbanQ. O curso levarase a cabo na aula do FORGA (situada na rúa Río Mao, nº 27, baixo) de luns a venres en horario de 20:30 a 22:00. Con este curso preténdese que os e as asistentes adquiran coñecementos sólidos das ferramentas de cálculo e de análise para poder levar a contabilidade dunha empresa, aprendendo a pechar un exercicio contábel e analizando os resultados e balances, así como familiarizarse cos supostos de contabilidade financeira e de sociedades actualizados, traballando coas situacións producidas nunha empresa real. Este curso está principalmente adicado aos e ás comerciantes da zona, para que poidan aplicar estes coñecementos na súa actividade diaria e ademais fomentar o emprego do Software Libre. Fonte: Rede de Dinamización Artigos relacionados
|
















