Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Curso de contabilidade con FacturaLux en Ourense
Curso de contabilidade con FacturaLux en Ourense PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 28 de Maio do 2008
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Ourense e Mancomún, levará a cabo un curso de Contabilidade no mes de xuño coa ferramente libre FacturaLux, agora avanzado e denominado AbanQ.

Desde o día 2 até o 23 de xuño desenvolverase en Ourense o curso de Contabilidade, destinado especialmente ao colectivo de comerciantes, no que se empregará o software libre FacturaLux, que hoxe en día é substituído polo AbanQ.

O curso levarase a cabo na aula do FORGA (situada na rúa Río Mao, nº 27, baixo) de luns a venres en horario de 20:30 a 22:00.

Con este curso preténdese que os e as asistentes adquiran coñecementos sólidos das ferramentas de cálculo e de análise para poder levar a contabilidade dunha empresa, aprendendo a pechar un exercicio contábel e analizando os resultados e balances, así como familiarizarse cos supostos de contabilidade financeira e de sociedades actualizados, traballando coas situacións producidas nunha empresa real.

Este curso está principalmente adicado aos e ás comerciantes da zona, para que poidan aplicar estes coñecementos na súa actividade diaria e ademais fomentar o emprego do Software Libre.

Fonte: Rede de Dinamización  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement