| CrypTool |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 24 de Agosto do 2007 | |
|
CrypTool, é un software destinado a facilitar a aprendizaxe da criptoloxía, tralo proxecto están Deutsche Bank, a Universidade de Siegen e TU Darmstadt. É Software Libre, pero de momento só funciona baixo Windows, aínda que se está a traballar nunha nova versión 2.0 baseada en Java e -xa que logo- será multiplataforma.
No entanto, existe tamén CrypTooLinux, un port para Linux, baseado en QT4. O software está dispoñible en inglés, alemán e polaco. Dispón de axuda interactiva e abundantes presentacións 3D sobre criptoloxía clásica e moderna, teoría de números, etc. Segundo o autor non se precisan grandes coñecementos matemáticos nin criptográficos para utilizalo. Hai un documento de presentación (máis de 100 páxinas, pdf). A última versión estable é 1.4.10.
Fonte da nova: kriptopolis Artigos relacionados |
















