| Convocada a 1ª edición das Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 22 de Maio do 2008 | |
|
Visto na páxina de AULUSC : Logo do éxito e interese que espertou o Obradoiro de Robótica organizado por AULUSC en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia na última edición da Xuventude Galiza Net (XGN08), decidimos levar a cabo unha actividade na que poder fomentar o uso das plataformas libres neste eido: XCARFOS 08 Con esta primeira edición, organizada polos grupos de usuarios de linux de Galicia AULUSC e GLUG, tratarase o uso de ferramentas open source para o control automático, con especial énfase nesta edición no uso de microcontroladores Atmel e a solución de open hardware Arduino. As xornadas están orientadas á construcción de robots baseados no Arduino e á explicación de como aproveitar a potencia dos microcontroladores co uso do PC e de software de control robótico aberto.
Máis info en http://xcarfos.aulusc.org.es Artigos relacionados |





















