Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Comezou a competición de programación en Software Libre "Hackontest"
Comezou a competición de programación en Software Libre "Hackontest" PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 17 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/hackontest.pngO "Hackontest" é un concurso de programación organizado por un grupo de usuarios suízo e esponsorizado por Google. Hackontest é unha competición de programación de 24 horas de duración. Na competición compiten 3 equipos de distintos proxectos de Software Libre. Os seus obxectivos son mellorar diversos proxectos en Software Libre de acordo as necesidades dos usuarios e demostrar ao público o entusiasmo dos desenvolvedores en Software Libre.

Comezando este mes, os usuarios e desenvolvedores de proxectos en Software Libre xa poden envíar aquelas necesidades futuras dos seus proxectos favoritos, puntualas e/ou comentalas.

A lista de proxectos presentados actualmente pódese consulta na seguinte ligazón: http://www.hackontest.org/. Entre os proxectos xa rexistrados destacan Ubuntu, TYPO3, phpMyAdmin, Moodle, OpenOffice.org, Debian, Squeak!, Scribus e Gnome...


O día 1 de agosto, o xurado do Hackontest elixirá aos tres equipos máis prometedores que viaxarán a Suíza o 24/25 de setembro para participar na competición que terá lugar na OpenExpo Zürich 2008. O xurado estará formado por dez programadores de renome como Jeremy Alison (creador de Samba), Bruce Perens (fundador da Open Source Initiative), Alexander Limi (fundador de Plone) e Jono Bacon (líder de comunidades de Ubuntu).

 






ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement