Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Comeza a definirse o futuro Thunderbird 3
Comeza a definirse o futuro Thunderbird 3 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 30 de Xaneiro do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/thunderbird.pngNo Wiki de Mozilla acábase de crear a páxina de información sobre o Thunderbird 3, proxecto que aínda está nunhas fases iniciais de definición. Desde a páxina animan a calquera que queira traballar no proxecto a que participe usando o grupo de noticias mozilla.dev.apps.thunderbird ou a canle #maildev en irc.mozilla.org.

Os obxectivos primarios para a futura versión 3 son:

  • Asegurarse que Thunderbird continúa evolucionando xunto coa plataforma Mozilla.
  • Incrementar a adopción de Thunderbird.
  • Mellorar a usabilidade.
  • Facilitar o desenvolvemento, diseminación e uso de complementos.

Un dos desenvolvedores comenta no grupo de noticias que "os motivos polos que a xente non usa Thunderbird son variados, pero os dous principais motivos parecen ser a falta dun calendario integrado na aplicación (comparado co Outlook por exemplo) e a busca de correos que non ofrece todas as posibilidades que ofrecen os competidores como por exemplo Gmail  e Mail.app"...

 

Información máis completa nas fontes orixinais da nova (en inglés):
http://wiki.mozilla.org/Thunderbird:Thunderbird3
http://article.gmane.org/gmane.comp.mozilla.devel.seamonkey/10428





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement