Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Clúster con GNU/Linux substitúe un supercomputador para prevención de desastres
Clúster con GNU/Linux substitúe un supercomputador para prevención de desastres PDF Imprimir Correo-e
o Luns, 24 de Marzo do 2008
O servizo meteorolóxico de Filipinas (PAGASA), substituíu con notable éxito un supercomputador SGI por un clúster GNU/Linux para procesar información vital que preveña desastres naturais como Tsunamis ou secas. Resultado: unha impresionante redución de custos.

O clúster inclúe 8 PCs con procesadores de dobre núcleo Xeon de 64 bits, conectados cun switch gigabit e con sistema operativo Debian GNU/Linux. A elección do sistema produciuse tras probas con RedHat, Mandrake ou Fedora, elixindo Debian pola súa estabilidade, segundo indicou Alan Pineda, o xefe de TIC de PAGASA.

 

A principal motivación para migrar a un sistema baseado en código aberto foi o custo. O funcionamento do SGI Irix custaba 5.200 dólares ao mes, mentres que o cluster de PCs con Debian reduciu os gastos a 260 dólares mensuais. Ademais o sistema poderá aumentar a súa potencia a un custo infinitamente menor incluído o custo de migración e a capacitación, indicou Paneda.

O uso de clústers para unir un grupo de múltiples computadores mediante redes de alta velocidade estanse impondo neste tipo de servizos polo seu alto rendemento, escalabilidade e baixo custo. Se lle unes un Debian GNU/Linux, dos mellores sistemas baseado en Software Libre que podes atopar, tes o éxito asegurado como demostran desde Filipinas.

Fonte: Theinquirer.es  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement