| Búscanse tradutores ao galego para o sistema de monitorización Pandora FMS |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 15 de Decembro do 2006 | |
|
Os responsables do sistema de monitorización libre Pandora FMS buscan tradutores para a súa versión galega. Actualmente conta con versións en español, inglés, francés, asturiano, catalán, portugués de Brasil, español para Sudamérica e italiano. Os interesados deben dirixirse a pandorainfo@gmail.com.
Pandora FMS son un conxunto de programas libres con licenza GPL que permiten analizar de xeito visual o estado e a actuación de varios parámetros de diferentes sistemas operativos, servidores, aplicacións e sistemas de hardware coma firewalls, proxies, bases de datos, servidores webs ou routers. E todo integrado nunha arquitectura aberta e distribuída.
Artigos relacionados |





















