Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow AutoLyrix, o complemento para o teu reprodutor de música
AutoLyrix, o complemento para o teu reprodutor de música PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 08 de Xaneiro do 2008

AutoLyrix foi deseñado para descargar as letras das cancións e carátulas automaticamente da canción que se está escoitando no teu reprodutor. É unha solución de código aberto que garda as letras das cancións descargadas dende EvilLyrics.

AutoLyrix é moi fácil de empregar xa que detecta automaticamente o reprodutor que estás usando e a canción que se está reproducindo, descargando a letra da canción e a carátula. AutoLyrix tamén emprega Google para procurar as cancións.

Está implementado en Mono e pode traballar baixo Windows, GNU/Linux ou Mac OS.

Os reprodutores soportados son:

  • XMMS
  • Winamp
  • iTunes
  • foobar2000
  • MediaMonkey
  • RealPlayer
  • Quintessential
  • XMPlay
  • Windows Media Player

Autolyrix pódese descargar dende a páxina do proxecto. Para que traballe correctamente en Windows hai que ter instalado o framework .NET 2.0 e en sistemas baseados en Debian hai que ter instalado o contorno de execución de Mono.

$ apt-get install mono-runtime mono mono-gmcs




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xuño 2008 Xullo 2008 Agosto 2008
Lu Ma Xo Ve Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement