Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Arora, navegador lixeiro baseado en QtWebKit
Arora, navegador lixeiro baseado en QtWebKit PDF Imprimir Correo-e
o Martes, 20 de Maio do 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/arora-logo.pngArora é un navegador web que foi creado inicialmente para ter unha lista de suxestións o API e atopar erros antes da liberación do componente WebKit de QT, QtWebKit. Unha versión deste código fonte inicial inda se pode atopar no repositorio.

Na actualidade, Arora, é un navegador moi básico que conta con características como a xestión de marcadores e histórico. O navegador non inclúe soporte para complementos de netscape (plugins) polo que non dispón de soporte para shockwave flash ata a vindeira versión 4.5 de Qt. Como contrapartida está desenvolvido en menos de 10.000 liñas de código sendo moi rápido e cargando as páxinas máis axilmente. Arora é multiplataforma podendo traballar en sistemas GNU/Linux, OS X, MS Windows e GNU/Linux empotrado facendo uso de Qt Embedded.

Os obxectivos que se pretenden acadar en futuras versións de Arora están publicados na web do proxecto destacando o soporte de complementos.

http://www.mancomun.org/images/stories/arora-screenshot.png
Pantallazo de Arora en funcionamento 

Páxina do proxecto: http://code.google.com/p/arora/  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement