| Aplicación para copias de seguridade, Areca Backup |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 21 de Agosto do 2007 | |
|
Areca Backup é unha ferramenta de copia de seguridade de ficheiros escrita en Java. Soporta encriptación e compresión de datos, copia incremental, entre outras. Tamén inclúe un mecanismo de transacción o cal garante a integridade da copia. Está dispoñible en varios idiomas e pódese executar en diferentes sistemas operativos. A licenza coa que conta esta é GPL2.
Dispón dunha interface gráfica desde a que se pode xestionar todo o proceso ademais de acceder a un historial de accións ou un explorador para seguir os cambios (creación, modificación, borrado) feitos nos ficheiros. Ademais da GUI, Areca posúe unha interface por liña de comandos coa que se pode automatizar o proceso de copia de seguridade. Entre outras características atópanse as seguintes:
Artigos relacionados |
















