|
Ampliación do Corpus lingüístico de Mancomun.org |
|
|
|
o Mércores, 09 de Xaneiro do 2008
 O Corpus de Mancomun.org é unha ferramenta en liña que permite procurar palabras en inglés ou en galego nos proxectos de adaptación ao galego levados a cabo por Mancomun.org, recentemente engadíronse as versións actualizadas do Gimp 2.4, Pidgin 2.3.1 e a tradución do Wordpress 2.3.2. O Corpus busca nos distintos proxectos de tradución almacenados e devolve as parellas de frases inglés-galego ou galego-inglés nas que se atopa a palabra procurada e a frase traducida correspondente. Esta ferramenta facilita o mantemento da coherencia terminolóxica nas traducións de distintas aplicacións libres, cuestión fundamental para a calidade final dos produtos.
Artigos relacionados
|