|
Alternativa libre a Microsoft Project: Open Workbench |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Luns, 11 de Setembro do 2006 |
Open Workbench é unha aplicación de escritorio para sistemas Windows que, segundo se pode ler na súa web, é unha ferramenta robusta e madura para a xestión e planificación de proxectos. É libre e unha poderosa alternativa a Microsoft Project. Pódese distribuír por toda a empresa sen problema. Supera xa as 130.000 descargas. Está dispoñible, polo momento, en Inglés, Alemán e Francés.
Algunha das súas funcionalidades son: Planificación de proxectos
Definición de proxectos e creación de estruturas xerárquicas de tarefas (WBS), sen límite de niveis, con actividades, fases, tarefas e fitos (milestones). Creación de dependencias entre tarefas e entre proxectos. Relacións entre subproxectos e o proxecto maestro con fluxos de información en ambos sentidos. Xestión de propiedades avanzadas das tarefas como duración fixa, datas de comenzo/fin impostas, ... Permite a modificación manual do estado de cada tarefa. Identificación do camiño crítico ...
Xestión de recursos - Definición de recursos como persoas, grupos, material ou gastos.
- Os recursos poden ter dispoñibilidade variable.
- Pódese reemprazar a asignación de recursos, se é necesario, mantendo a estimación de traballo.
- ...
Seguimento de proxectos - Seguimento do estado, porcentaxe rematada e estimación para completalo.
- Ten múltiples opcións de visualización, diagramas de Gantt globais ou por fase, diagramas de PERT, lóxicos...
- Visualización personalizable incluíndo columnas, filtros, ordenacións ...
- ...
Open Workbench dispón dunha funcionalidade de autoplanificación que facilita a xestión de proxectos complexos. Aplica unha serie de regras que teñen en conta as restricións das tarefas, as dependencias, prioridades e restricións de recursos, xerando de xeito automático a mellor forma de completar o proxecto. Na súa web teñen unha páxina na que aparece unha comparación das características comúns con Ms Project e as diferencias entre ambos, indicando o tipo de proxectos máis axeitados para cada un dos dous. |