Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Adobe libera as especificacións de SWF e FLV, e crea Open Screen Project
Adobe libera as especificacións de SWF e FLV, e crea Open Screen Project PDF Imprimir Correo-e
o Venres, 02 de Maio do 2008

Adobe vén de anunciar a liberación das especificacións de SWF, FLV e F4V para traballar conxuntamente con outras empresas (ARM, CISCO, Intel, Motorola, Nokia, LG, Sony Ericsson, ...) no proxecto Open Screen Project.

Este novo proxecto pretende facilitar o desenvolvemento e deseño de novas aplicacións e contidos en formato Flash, de modo que sexan compatibles con todo tipo de dispositivos, e eliminando as restricións existentes sobre a tecnoloxía Flash.

Ata o de agora a tecnoloxía de Adobe presentaba importantes inconvenientes como: 

  • O primeiro, o reprodutor Flash pódese descargar gratuitamente pero as empresas e operadores de móbiles tiñas que pagar unha licenza para usar esta tecnoloxía nos seus dispositivos.
  • A segunda e máis importante e que cando unha empresa quere desenvolver unha aplicación que corra en múltiples dispositivos ten que ter a distintos equipos traballando nas respectivas versións para a móbiles, para a web, etc.

Co novo proxecto Open Screen Project elimínanse ambas limitacións: Adobe crea unha plataforma universal “tipo Java” na que se desenvolve unha vez e que funciona en calquera reprodutor Flash, incluíndo o novo Adobe AIR. A maiores Adobe tamén pon dispoñibles as API do protocolo Adobe Flash Cast e AMF para dispoñer de servizos de intercambio de datos, e as API da capa de dispositivo para Adobe Flash Player.

Xuntado estas iniciativas temos que se alguén quere engadir Flash ao seu dispositivo ou sistema, poderá facelo por si mesmo e de balde, sen a necesidade de que sexa Adobe quen cree o seu propio contorno de execución (runtime).

Fontes:





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement