Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Actualizado FirefoxFalaGalego para Firefox 3 e FirefoxFalaGalego2 con novas funcionalidades

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Actualizado FirefoxFalaGalego para Firefox 3 e FirefoxFalaGalego2 con novas funcionalidades PDF Imprimir Correo-e
o Martes, 01 de Xullo do 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/firefoxfalagalego.pngO complemento FirefoFalaGalego, que permite a tradución en liña dun texto do castelán ao galego, actualizouse para que traballe no novo Firefox 3. O complemento emprega o servizo Opentrad para realizar as traducións e pódese instalar dende a páxina de “addons” de Mozilla.

Para utilizar o complemento so fai falla seleccionar un texto en castelán e premer as teclas ALT + G. Despois de esperar a resposta por parte do servizo Opentrad, amosará a tradución do texto seleccionado. Dende a páxina de Ousli pódense atopar máis información para a posta en funcionamento do complemento.

A nova versión FirefoxFalaGalego2 engadirá novas direccións para a tradución, de momento están dispoñibles as seguintes: galego-castelán, inglés-castelán e inglés-galego. 

 

http://www.mancomun.org/images/stories/firefoxfalagalego2.png
Interface do novo complemento 

O novo complemento intégrase na interface de Firefox e xa é posible empregar as opcións de “copiar e pegar” sen modificar as configuracións do navegador. A última versión pódese instalar dende o seguinte enderezo:

https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/5557




ChuzaMeneameDel.icio.us!



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...