| A versión móbil de Firefox gaña en velocidade |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 11 de Abril do 2008 | |
|
A Fundación Mozilla sacará á luz a versión móbil de Firefox contra finais deste ano. Mentres seguen traballando no seu desenvolvemento que segundo eles mesmos comentan, gañou un 600% de velocidade nas últimas compilacións. Ademais, o produto, con nome en chave Fennec, recibiu diversas e interesantes melloras na interface. Fennec funcionará en calquera dispositivo baseado en Linux, e o seu código estará baseado na versión final de Firefox 3 que sairá este verán. Segundo a Fundación Mozilla "Fennec brindará a oportunidade de desfrutar dunha experiencia web real en dispositivos móbiles e outros dispositivos. Tamén incluirá unha ferramenta de migración desde o navegador Firefox ao Fennec.
Artigos relacionados |





















