Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow A versión 2.0 de Mono facilitará a migración de aplicacións a plataformas libres
A versión 2.0 de Mono facilitará a migración de aplicacións a plataformas libres PDF Imprimir Correo-e
o Xoves, 15 de Maio do 2008
O proxecto Mono vén de anunciar que o API Windows.Forms é funcional e compatible co dispoñible en .NET 2.0. Este API, que conta con 12.776 métodos, é no que recaen as funcionalidades do manexo de ventás na plataforma .NET, e o feito de dispoñer dunha API ao 100% permitirá que aplicacións ata o de agora dispoñibles unicamente en plataformas Windows poidan ser executadas noutros sistemas (GNU/Linux, Mac OS, Solaris, ...).

O desenvolvemento desta implementación dera comenzo o 8 de Xullo de 2004 e levou máis de 6.400 engadidos no SVN ata a actual versión 1.9.1 (2.0 Beta). Actualmente hai tres backends para X11, OSX e Win32, estanse a facer melloras no marco do Google Summer of Code para a integración cos sistemas operativos, mellorando o soporte para accesibilidade e automatización da interface gráfica, incluíndo soporte RTL e outras novas características.
 
Winforms 2.0 era a peza que faltaba para completar os obxectivos para a versión Mono 2.0. A versión actual está en beta e avisan que é posible que aparezan bugs.

Fonte:
Planet de Mono.NET




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement