Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow A Universidade de Murcia pon a disposición da sociedade dúas aplicacións de Software Libre
A Universidade de Murcia pon a disposición da sociedade dúas aplicacións de Software Libre PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 29 de Maio do 2008
A Universidade de Murcia (UMU) anunciou onte a apertura á sociedade de dúas aplicacións de Software Libre, as cales desenvolveu por iniciativa propia e que permitirán canalizar incidencias de tratamento informático, almacenar contidos, e substituír programas comerciais.

A liberación destas aplicacións, denomninadas Dumbo e Sócrates, están enmarcadas dentro das iniciativas comprendidas no Plan Estratéxico cara o Software Libre aprobado pola UMU no ano 2005.

A primeira das aplicacións, Dumbo, é unha ferramenta que integra dunha maneira áxil a xestión de incidencias e atención a usuarios nas dúas vertentes que estas conlevan: os usuarios que as orixinan e os expertos que se encargan de resolvelas. Este software está baseado nun sistema web apoaido sobre unha arquitectura de tres capas que garantiza fácil acceso, instalación cero e independencia da plataforma empregada polo cliente.

A outra aplicación denomínase Sócrates e é unha experiencia baseada en software libre consistente na dispoñibilidade dun espazo en discos remotos para aloxar información, principalmente de natureza académica, administrativa e de investigación. A idea non é outra que facilitar a mobilidade do profesorado, de xeito que poida traballar dunha forma cómoda e flexible.

Fonte: La verdad.es





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement