| A OSBF concederá un premio por valor de 78.000 euros no Open Source Business Award 2009 |
|
|
|
| escrito por Mancomún o Martes, 22 de Xullo do 2008 | |
|
Este concurso de carácter europeo mantén aberto o prazo de inscrición até o vindeiro mes de novembro
Os participantes terán de prazo até o 30 de novembro de 2008 para presentar os seus proxectos de negocio para aspirar a gañar o premio de 78.000 euros, en concepto de coaching por parte de expertos recoñecidos e financiamento de capital risco. A cerimonia de entrega celebrarase o 28 de xaneiro de 2009, durante o congreso "Open Source Meets Business" que están a organizar os editores Heise Verlag en colaboración con OSBF en Nuremberg. Os gañadores tamén terán a oportunidade de darse a coñecer no congreso e poder establecer interesantes contactos cos responsables da toma de decisións de TI dentro da comunidade do código aberto. Para aspirar ao OSBA 2009, os candidatos deberán ter un lugar de residencia ou unha empresa establecida de forma permanente nun país europeo e unha licenza OSI (Open Source Initiative) de modelo de negocio. Os plans de negocio e conceptos deberán presentarse na oficina de OSBF á atención de Mr Christian Rastätter, Theresienstrasse 9, 90403 Nürnberg (Nuremberg), Alemaña, antes do 30 de novembro de 2008. Para máis información, visite www.osbf.de/de/project/osba. Fonte: El economista
Artigos relacionados |








A 












