Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow A nova versión de TYPO3 4.2 en galego
A nova versión de TYPO3 4.2 en galego PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 28 de Abril do 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/logo-typo3.gifA semana pasada o proxecto TYPO3 publicou a súa última versión do xestor de contidos. O principal obxectivo da nova versión 4.2 é mellorar a usuabilidade, pero tamén inclúe novas características para os administradores e desenvolvedores. Esta liberación incorpora cambios substanciais no interface do backend de TYPO3 co obxectivo de facer máis amigable o seu uso.

A partires de agora TYPO3 virá coa tradución ao galego incorporada no propio proxecto grazas ao traballo de Igalia. Para configurar o CMS en galego pódense seguir as instrucións publicadas no blogue de Manuel Rego.

Algunhas das melloras incluídas son:
  • Interface do backend de TYPO3 redeseñada para ser máis amigable.
  • Última versión do editor de texto enriquecido “htmlArea” dando soporte para o navegador Safari.
  • O módulo “Template” inclúe un editor que resalta a sintaxe de TypoScript e o editor de constantes incorpora unha interface máis intuitiva.
  • Nova extensión para o sistema de login “felogin” que reempraza ao anterior “newloginbox” con máis opcións de configuración.
  • ... máis novidades

http://www.mancomun.org/images/stories/typo3_en_galego.png

Detalle do backend de TYPO3 en galego

Pódese descargar TYPO3 dende Sourceforge e obter máis documentación dende a páxina do proxecto. Os ficheiros coa tradución tamén están dispoñibles na Forxa de Mancomún.

TYPO3 adheriuse a iniciativa “goPHP5” e agora a nova versión de TYPO3 require ter instalado PHP 5.2.0 que conta con moitas melloras respecto a súa predecesora.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xuño 2008 Xullo 2008 Agosto 2008
Lu Ma Xo Ve Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement