Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow A nova versión de Avidemux 2.4.2 trae consigo unha chea de correccións.

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
A nova versión de Avidemux 2.4.2 trae consigo unha chea de correccións. PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mancomún o Mércores, 16 de Xullo do 2008

Avidemux é un editor de vídeo deseñado pensando na facilidade de uso ao cortar, filtrar e codificar vídeos. Soporta diversos tipos de formatos, incluíndo AVI, ficheiros MPEG, MP4 e ASF, cunha gran variedade de códecs. Pódense automatizar tarefas grazas ao uso dos proxectos, da cola de traballos e das grandes capacidades de scripting da aplicación.

Avidemux é multiplataforma (funciona en Linux, BSD, Mac OS X e Microsoft Windows) e distribúese baixo a licenza GPL.

A última versión, como comentan na súa páxina web, é "posiblemente, a versión con máis correccións de erros lanzada de Avidemux"...


A lista de novidades e corrección de erros desta versión pódela atopar na seguinte ligazón:
http://avidemux.berlios.de/news.html#2008-07-07
 
Páxina de descargas de Avidemux:
http://avidemux.berlios.de/download.html




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...