| A Forxa reunirá os traballos que participen no Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con SwL |
|
|
|
| escrito por Mancomún o Venres, 18 de Xullo do 2008 | ||
|
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 31 de outubro para os estudantes das tres universidades galegas
A Forxa de Mancomún será un ano máis o punto de confluencia de todos os proxectos en código aberto que concorran á segunda edición do Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre. Este galardón, organizado pola empresa galega Igalia co respaldo da Consellaría de Innovación e Industria, a través de Mancomún, así como das tres universidades galegas, vén de abrir o prazo de inscrición a todos aqueles universitarios matriculados nas institucións galegas. Igalia promove esta iniciativa, por segundo ano consecutivo, co obxectivo de fomentar o coñecemento do Software Libre entre os estudantes galegos, ao tempo que tenta visibilizar o traballo que se está a facer neste eido. Ao premio poden concorrer estudantes de calquera titulación que presenten un proxecto de fin de carreira, realizado entre febreiro e outubro de 2008, baseado en software libre. Ademais, entre outros requisitos, o proxecto deberá rexistrarse na Forxa de Mancomún no tópico creado ex profeso para o premio. O xurado do galardón premiará o mellor proxecto cun premio único de 1.000 euros, ao que poderá sumarse un accesit de 500 euros se así o considera conveniente. Como membros do xurado participarán dúas persoas da empresa Igalia, o coordinador do Centro de Referencia de Referencia e Servizos de Software Libre, Xesús M. Benítez Baleato, e representantes das tres universidades galegas: o subdirector da ETSE da UDC, Alberto Bugarín, o director da EI de Ourense, Enrique Barreiro, o decano da FIC da UDC, Alberto Valderruten. O prazo de inscrición manterase aberto ata o vindeiro 31 de outubro na web de Igalia, a través desta ligazón. Artigos relacionados
|
||

















