Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow A evolución de proxectos de Software Libre de forma gráfica
A evolución de proxectos de Software Libre de forma gráfica PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mancomún o Venres, 08 de Agosto do 2008

code_swarm Code_swarm é unha representación gráfica con forma orgánica que, aplicada ao eido do Software Libre, mostra a súa evolución, na forma na que interactúan os desenvolvedores a través da colaboración e da comunicación.

A aplicación baséase nunha linguaxe denominada Processing, totalmente aberta e que permite crear mundos de animación con imaxes e mesmo con carácter interactivo.

A visualización mostra a historia de diferentes fitos en proxectos de software. Considérase a incorporación dun fito cando un desenvolovedor modifica o código ou a súa documentación e o transfire ao repositorio central do proxecto. Tanto os desenvolvedores como os arquivos son representados como elementos en movemento. Cando un desenvolvedor modifica un arquivo, este ilumínase e desprázase cara ao desenvolvedor. Os arquivos son coloreados de acordo ao seu propósito, diferenciando se se trata de código aberto ou documentación específica. Un histograma ao pé da imaxe mantén a orde cronolóxica dos acontecementos.

Na imaxe adxunta móstrase unha captura do resultado dos vídeos, feito, concretamente, coproxecto Eclipse.

O programa foi creado por Michael Ogawa e está dispoñible tanto para Mac VOS X, como para GNU/Linux, e Windows.

Máis información





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement