Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow A Enciclopedia Británica réndese á evidencia do traballo colaborativo
A Enciclopedia Británica réndese á evidencia do traballo colaborativo PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 10 de Xuño do 2008
BritannicaDespois de criticar o modelo colaborativo da Wikipedia, a Enciclopedia Británica estrea un sistema para que sexan os propios usuarios os que poidan crear contidos.

O novo sistema permitirá colaborar na xeración de contidos, pero a diferenza da Wikipedia non se converterá en nun proceso democrático. Os usuarios que queiran contribuír coa mesma deberan crear un perfil no que detallen os seus estudos e coñecementos sobre a materia que queren comentar. Só entón poderán engadir comentarios ás entradas da enciclopedia ou escribir eles mesmos unha entrada.

Posteriormente o contido será revisado polos editores e, no caso de que crean que estes merecen a pena, serán engadidos ao artigo principal.

Engadirase a firma do autor, pero non haberá retribución económica. O procedemento, en principio, carece de grandes incentivos para a participación desinteresada dos colaboradores.

 

 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement