| A campaña polo dominio galego na rede extenderase en 2007 a América |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 27 de Decembro do 2006 | |
|
Darío Janeiro, secretario da Asociación PuntoGal explica que a principios de ano van iniciar accións para dar a coñecer o dominio tanto en Galicia como fora. Na casa, entrevistaranse con autoridades para recabar apoios. Os gobernantes de Madrid tamén deberán atendelos. Dende a asociación queren explicarse ben para cas autoridades de Madrid non poñan ningunha pega. Tamén tomarán accións de cara á emigración galaica no exterior. O modus operandi será enviando cartas e mensaxes ás comunidades de galegos en América, e tamén ás de Europa. A segunda medida pensada para recoller apoios consistiría en organizar un evento sen definir inda, como conferencias en distintas cidades, iniciativas de carácter didáctico...
A propia explicación do que é un barrio virtual e complexa. O dominio daríanos a posibilidade de ter unha dirección propia. Por exemplo, no lugar de www.xunta.es; a Administración galega podería dispoñer de www.xunta.gal. A consecución do mesmo acádase a través da ICANN, Internet Corporation for Assigned Names and Numbers. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro encargada de concedelo ou rexeitalo. Nos últimos meses e anos, concedeu algúns novos como .cat, .eu, .aero e .info, entre outros. Fonte: Faro de Vigo Artigos relacionados |

















