| A BBC de Londres migra a GNU/Linux para a produción televisiva |
|
|
|
|
As cintas dixitais caras e predispostas ao erro obrigaron á BBC a contemplar a utilización de computadores que funcionan con GNU/Linux para axudar a producir os seus programas.
Falando na conferencia anual de GNU/Linux e open-source linux.conf.au en Melbourne, Australia, Stuart Cunningham de investigación da BBC, dixo que o copiado de cintas dixitais era un proceso lento cando debe facerse en tempo real.
"A clave para a solución do problema da cinta dixital é con arquivos a base de estándares en MXF (material exchange format) porque pode almacenar máis en menos espazo", dixo Cunningham. Para solucionar este problema, o equipo de Investigación da BBC desenvolveu Ingex para a produción de TV sen cintas usando GNU/Linux. Fontes: Softwarelibre.org.pe Artigos relacionados |
















