Menu Content/Inhalt
» Inicio
Papyrus Reports, motor de informes XML en código aberto PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 28 de Marzo do 2008

Papyrus reports é un motor de informes de código aberto para GNU/Linux. Papyrus permite xerar informes dende distintas fontes de datos (Postgres, MySQL, Oracle, ...) tendo o resultado en formato PDF, PostScript, XML, HTML, DVI, Latex ou en texto plano.

O linguaxe XML de Papyrus está orientado ao formato tendo a posibilidade de deseñar os informes dun xeito sinxelo. O ficheiro XML contén as consultas SQL a base de datos, operacións, formato e maquetación dos datos. O funcionamento do motor faise en dúas fases: na primeira execútanse todas as operacións e sentencias SQL. Na segunda fase xestiona todo o formato e maquetación.

Base de datos soportadas de xeito nativo:

  • PostgreSQL
  • MySQL
  • Oracle

Base de datos soportadas a través de Gnome DB:

  • sybase
  • ldap
  • interbase
  • mdb
  • sqlite

Papyrus reports pódese descargar dende a páxina do proxecto. 

Para o deseño dos informes en XML pódese utilizar o editor Conglomerate que está deseñado para facilitar o traballo a hora de escribir documentos XML. Na seguinte ligazón pódense ver máis características de Conglomerate:

http://www.conglomerate.org/intro.html





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement