| Ofertas de emprego para traballar en Mancomún |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 12 de Xuño do 2008 | |
|
A S.A.X. CESGA convoca dúas prazas para técnicos do proxecto Mancomún. En concreto as prazas publicadas son: Os requirimentos das prazas pódense consultar nas oferta completas. Para presentarse ás distintas ofertas é imprescindible cumprimentar correctamente o apartado de "Documentación a presentar obrigatoriamente" de cada unha das ofertas. Oferta enviada á lista de ofertas de emprego de Software Libre de Mancomún...
TÉCNICO DE TRADUCIÓN E ASESORAMENTO LINGÜÍSTICO -Liderar os proxectos de localización ao galego do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza. -Realizar actividades encamiñadas ao establecemento dunha metodoloxía de tradución de Software Libre baseada nos estándares da comunidade de profesionais da tradución. -Comunicación cos distintos axentes involucrados nas comunidades de desenvolvemento e tradución do Software Libre. -Colaboración en actividades de difusión do Software Libre. -Velar polo cumprimento das accións correspondentes en custo, tempo e forma, coa calidade debida.
TÉCNICO EXPERTO EN SOFTWARE LIBRE As funcións para este posto serán: - Participar en tarefas de desenvolvemento e mantemento da Forxa de Mancomun.org. - Colaboración en actividades de difusión do Software Libre incluíndo labores de dinamización da Forxa. - Velar polo cumprimento das accións correspondentes en custo, tempo e forma, coa calidade debida.
Máis información nas ofertas completas. Artigos relacionados
|
















