Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Ofertas de emprego arrow Ofertas de emprego para traballar en Mancomún
Ofertas de emprego para traballar en Mancomún PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 12 de Xuño do 2008

A S.A.X. CESGA convoca dúas prazas para técnicos do proxecto Mancomún. En concreto as prazas publicadas son:

Os requirimentos das prazas pódense consultar nas oferta completas.

Para presentarse ás distintas ofertas é imprescindible cumprimentar correctamente o apartado de "Documentación a presentar obrigatoriamente" de cada unha das ofertas.

Oferta enviada á lista de ofertas de emprego de Software Libre de Mancomún...


As funcións para cada un dos postos serán:

 

TÉCNICO DE TRADUCIÓN E ASESORAMENTO LINGÜÍSTICO

-Liderar os proxectos de localización ao galego do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

-Realizar actividades encamiñadas ao establecemento dunha metodoloxía de tradución de Software Libre baseada nos estándares da comunidade de profesionais da tradución.

-Comunicación cos distintos axentes involucrados nas comunidades de desenvolvemento e tradución do Software Libre.

-Colaboración en actividades de difusión do Software Libre.

-Velar polo cumprimento das accións correspondentes en custo, tempo e forma, coa calidade debida.

 

TÉCNICO EXPERTO EN SOFTWARE LIBRE

As funcións para este posto serán:

- Participar en tarefas de desenvolvemento e mantemento da Forxa de Mancomun.org.

- Colaboración en actividades de difusión do Software Libre incluíndo labores de dinamización da Forxa.

- Velar polo cumprimento das accións correspondentes en custo, tempo e forma, coa calidade debida.

 

Máis información nas ofertas completas.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement